Hou Yifan

xadrecista chinesa

Hou Yifan (chinés simplificado: 侯逸凡; pinyin: Hóu Yìfán), nada en Nanjing, Jiangsu o 27 de febreiro de 1994, é unha xogadora de xadrez chinesa e, desde setembro de 2015, número 1 - entre as xogadoras de xadrez en activo - na clasificación feminina da FIDE.[1]

Infotaula de personaHou Yifan (侯逸凡)

(2012) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 侯逸凡 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1994
Nanjing, provincia de Jiangsu, República Popular da China
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
EducaciónUniversidade de Beijing
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
DeporteXadrez
AdestradorYe Jiangchuan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaGran Mestra Feminina (2007)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2008) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.686 (2015)<
Identificador FIDE8602980 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir
2006Women's Chess Olympiad 2006 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: yifantradimo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira no xadrez editar

Obtivo o título de Gran Mestra Feminina (WGM) en 2007.[2] Desde agosto de 2008, tamén ostenta o título de Gran Mestre de Xadrez.[3] (GM). Ao recibir o título, Hou converteuse na muller máis nova do mundo en obter o título de GM, clasificándose aos 14 anos, 6 meses e 2 días.[4]

Hou derrotou á súa compatriota Ruan Lufei, en Antioquía, Turquía, no Campionato do Mundo de Xadrez Feminino de 2010, facendose co título de campioa, sendo a máis nova da historia, tanto da categoría feminina como masculina.[5] Despois gañou o Campionato do Mundo Feminino de xadrez en 2011, 2013 e 2016, pero perdeu o título en 2017. No seu momento álxido, ocupou o posto 55 na lista de clasificación da FIDE de maio de 2015.[6]

Xunto a Vera Menchik, Nona Gaprindashvili, Maia Chiburdanidze e Judit Polgár, está considerada unha das mellores xogadoras de xadrez, e das poucas en superar os 2600 puntos ELO.[7]

Expresou a súa disconformidade co sistema de encontros para o Campionato mundial, e desde 2018, está "semixubilada" do xadrez profesional.

Docencia editar

Desde 2020 é profesora na Universidade de Shenzhen.[8]

Recoñecementos editar

  • WGM máis nova en recibir o título, superando a Koneru Humpy.
  • GM máis nova en recibir o título.
  • Persoa máis nova en gañar o Mundial de Xadrez.
  • Unha das 100 mulleres da lista da BBC de 2017.[9]
  • Docente máis nova en ter acadado ese cargo na Universidade de Shenzhen.

Notas editar

  1. "FIDE Online. FIDE Top players - Standard Top 100 Women January 2022". Consultado o 2022-01-11. 
  2. "Hou, Yifan". Consultado o 2022-01-11. 
  3. "Hou, Yifan". ratings.fide.com. Consultado o 2024-02-12. 
  4. "Hou Yifan – the youngest female grandmaster in history" (en inglés). 2008-12-08. Consultado o 2022-01-11. 
  5. "2010 Women's World Championship – Hou Yifan is world champion!" (en inglés). 2010-12-24. Consultado o 2022-01-11. 
  6. "Top 100 Players May 2015 FIDE Top players archive". Consultado o 2022-01-11. 
  7. Green (NathanielGreen), Nathaniel. "The Top 5 Best Female Chess Players of All Time" (en inglés). Consultado o 2022-01-11. 
  8. "Hou Yifan youngest-ever full professor at Shenzhen University" (en inglés). 2020-07-14. Consultado o 2022-01-11. 
  9. "#100Mulheres: BBC divulga lista anual das mulheres de destaque no mundo: quem são as 9 brasileiras na relação?". BBC News Brasil (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar