Horik I tamén Horik o Vello, finado en 854, foi un caudillo viquingo, rei de Dinamarca desde 827 ata a súa violenta morte en 854. O seu reino estivo marcado por numerosas incursións bélicas ao Imperio carolinxio de Ludovico Pío, fillo e sucesor de Carlomagno.

Infotaula de personaHorik I

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte854 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHorik II (en) Traducir, Ragnhild Eiriksdatter (en) Traducir, Erik, 14th King of Haithabu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGudfred (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Halfdansson-300

Traxectoria editar

Horik era fillo de Godfred I de Dinamarca, un encarnizado inimigo do Imperio franco e coñecido polas súas afortunadas acometidas bélicas contra Carlomagno e os obodritas. En 810, Godfred foi asasinado por un membro do seu séquito e o seu sucesor Hemming decretou a paz co imperio.

Hemming, mentres tanto, non durou moito e os outros candidatos á coroa, Anulo e Sigifred morreran enfrontados no campo de batalla. Horik e outro fillo de Godofredo tomaron o poder en 811 [=812] tras expulsaren a outro rival Hemming Halfdansson (posibelmente Hemming II, de quen case nada falan as crónicas pola brevidade do seu reinado, se o houbo) quen ocupou o seu lugar para defender os intereses familiares,[1] e o seu irmán Harald Klak, quen se refuxiou na corte carolinxia de Ludovico Pío. En 819 os herdeiros de Godofredo víronse forzados a aceptar a Harald como co-gobernante de Dinamarca, xa que era cristián converso desde 826 e o mesmo emperador actuou como padriño, pero aínda así foi expulsado por segunda vez un ano máis tarde. Para entón, Horik era o único fillo vivo de Godfred, considerándose o rei de todos os daneses.

Horik mantivo o seu paganismo e rexeitou a conversión cristiá, que era a relixión dos seus inimigos, así como os intentos evanxelizadores e proselitistas do arcebispo Anskar de Hamburgo-Bremen. De feito, en 845, o exército de Horik atacou Hamburgo e destruíu a catedral ata os seus cimentos, sendo a última e maior vitoria obtida en territorio alemán.[2]

Pero seguiron as incursións danesas en Frisia. Os francos carecían dunha frota efectiva, polo que os daneses triunfaban dun modo ou outro con total impunidade. As hordas viquingas saquearon a casa da moeda en Dorestad en 834, 835 e 836, así como Walcheren en 837. En 845, o caudillo viquingo Ragnar Lodbrok chegou ata París e a cidade tivo que pagar un danegeld (tributo) de 7000 libras de ouro e prata para evitar a devastación.

O rei Horik parece que non aprobaba estas expedicións, xa que o éxito das mesmas constituían unha porta aberta a posíbeis novos rivais. Ás veces, Horik mesmo castigaba aos responsábeis destas incursións. En 836, Horik enviou emisarios á corte franca declarando que non tiña nada que ver con eses ataques sobre Frisia e que dos que coñecía o seu autoría, manifestou que foran executados. En 865, Ragnar morreu e os seus seguidores foron masacrados.

Os eventos posteriores demostran que tales precaucións estaban xustificadas. En 854, Horik foi asasinado por un sobriño que fora enviado ao exilio, que mentres estivo fóra de Dinamarca demostrara moito éxito nas súas expedicións viquingas.

Notas editar

  1. Simon Coupland (1998), "From Poachers to Gamekeepers: Scandinavian Warlords and Carolingian Kings", Early Medieval Europe, 7(1): 87-88
  2. Velasco, Manuel (2012) Breve Historia de los Viquingos (versión estendida), Ed. Nowtilus, ISBN 978-84-9967-345-5 p. 86 (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Oxford Illustrated History of the Vikings. Ed., Peter Sawyer. Oxford University Press, Nova York, 1997.
  • Simon Coupland (1998). "From poachers to gamekeepers: Scandinavian warlords and Carolingian kings". Early Medieval Europe 7: 85–114. doi:10.1111/1468-0254.00019.