Hondutel é a empresa estatal de Telecomunicacións da República de Honduras.

Logo de Hondutel

Historia editar

En 1976, mediante decreto Lei No. 431 do 7 de maio dese ano, nace a Empresa Hondureña de Telecomunicacións Hondutel, a cal comeza a operar o 1 de xaneiro de 1977, iniciando a historia moderna das telecomunicacións no país. A empresa estatal descentralizada conta con personalidade xurídica, patrimonio propio con duración indefinida e dentro das súas atribucións atópase a de prestar servizos de telecomunicacións e administrar o espectro radioeléctrico.

A pesar de ser unha das empresar de telecomunicacións máis grandes de América Central, polo número de usuarios a empresa tivo problemas financeiros e doutras índoles debido á mala xestión que tivo ao longo dos anos.

Polo cal, a empresa entra nun proceso de depuración e saneamento a partir da toma de posesión na presidencia de Manuel Zelaya.

En xuño do 2007, o presidente da república e o actual Xerente de Hondutel, anunciaron o lanzamento dunha serie de redes de telefonía celular de terceira xeración, coñecida como Honducel, actualmente o servizo está dispoñíbel na Área Metropolitana de Tegucigalpa e Comayagüela, operando baixo o nome de Tegucel.

Tegucel converteuse nunha forza competitiva no mercado da telefonía celular en Honduras dado aos prezos dos seus servizos.

O 19 de outubro do 2007, Hondutel lanzaba a rede de telefonía móbil para a Zona Metropolitana do Val de Sula, denominada Sulacel, que inclúe a San Pedro Sula e cidades veciñas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar