Homunculus (manga)
manga xaponés
Homunculus (en xaponés: ホムンクルス Hepburn: Homunkurusu?) é unha serie manga xaponesa escrita e ilustrada por Hideo Yamamoto. Foi publicado de forma serializada na revista de Shogakukan Big Comic Spirits, cos seus capítulos divididos en quince volumes tankōbon. Unha adaptación de cinema con imaxe en vivo, dirixida por Takashi Shimzu e protagonizada por Gō Ayano, estreouse en abril de 2021.
Homunculus | |
---|---|
ホムンクルス (Homunkurusu) | |
Xénero | Terror psicolóxico[1] |
Manga Homunculus | |
Creado por | Hideo Yamamoto |
Editor | Shogakukan |
Publicado en | Big Comic Spirits |
Primeira edición | 2003 |
Última edición | 2011 |
Núm. de volumes | 15 |
Sinopse editar
A trepanación é un procedemento médico no cal se fai un burato no cranio, co obxectivo de aumentar a circulación sanguínea e mellorar a presión dentro do cranio. Segundo a ficción especulativa do manga, a trepanación permite aflorar o sexto sentido dunha persoa, a cal inclúe a percepción extrasensorial, como ver pantasmas e mover obxectos coa mente.
Notas editar
- ↑ Loo, Egan (13 de xullo de 2009). "Hideo Yamamoto's Homunculus Manga Returns from 1-Year Break". Anime News Network. Consultado o 27 de xuño de 2018.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |