Homosexualidade en Etiopía

As persoas LGBTI en Etiopía enfróntanse a certos desafíos legais e sociais non experimentados por outros residentes. A homosexualidade é ilegal e pode ser castigada con até tres anos de prisión. É amplamente rexeitada pola poboación en xeral, cunha aprobación de só o 2 %.

Dereitos LGTB
Etiopía
Bandeira
Escudo
Homosexualidade
É legalNo
Condenaata 15 anos de prisión
Protección legal contra a discriminación
LaboralNo
Protección legal de parella
Acceso igualitario á unión civilNo
Matrimonio entre persoas do mesmo sexoNo
Dereitos reprodutivos e de adopción
Acceso igualitario á adopciónNo

Situación legal editar

Os artigos 629 e 630 da Sección II do Código Penal etíope define ós actos homosexuais como "desviacións sexuais" e, como tal, os mesmos son susceptibles de ser castigados con até tres anos de prisión. Segundo o texto da lei, "Calquera que realice con outra persoa do seu mesmo sexo un acto homosexual, ou outro acto indecente, será castigado con prisión simple”. O artigo 630 do Código engade que consideraranse agravantes se un dos infractores posúe algunha discapacidade física ou mental ou se rexistrase coacción para a consecución do acto (equiparando, neste caso, as relacións homosexuais ás relacións sexuais non consentidas entre as partes).[1]

Opinión pública editar

En 2007, unha sondaxe internacional do Pew Research Center achou que o 97% dos etíopes reproba a homosexualidade, un 2% apróbaa e un 1 % non sabe ou non contesta. Eses niveis son moi similares ós de Kenya (96%), Tanzania (96%) e algo máis altos ós doutros países africanos considerados menos conservadores, como Suráfrica (64%), Ghana (89%) e Costa do Marfil (89%). Os niveis de reprobación de Etiopía son os segundos máis altos de África, só máis baixos que Malí.

Casos de homofobia editar

Segundo IGLHRC, en 1995 o goberno dos Estados Unidos concedeu asilo a unha muller etíope que alegou que era perseguida pola súa condición de lesbiana.[2]

Condicións de vida editar

Segundo o Informe de Dereitos Humanos de 2011 do Departamento de Estado dos Estados Unidos,

Houbo algúns informes de violencia contra persoas lesbianas, gais, bisexuais e transxénero (LGBT); Con todo, a información foi limitada debido ós temores de retribución, discriminación ou estigmatización. As persoas non se identificaron como persoas LGBT debido ó severo estigma social e á ilegalidade da actividade sexual consensuada con persoas do mesmo sexo. A principios de decembro [,] líderes relixiosos cristiáns e musulmáns tentaron descarrilar un seminario sobre saúde sexual dirixido a homes que teñen sexo con homes. O goberno interveu e o seminario seguiu adiante, aínda que nun lugar diferente. O Centro de Recursos para a SIDA en Adis Abeba informou que a maioría das persoas que chaman homosexuais e lesbianas identificáronse a si mesmas, a maioría dos cales eran homes, e solicitaron axuda para cambiar o seu comportamento para evitar a discriminación. Moitos homes homosexuais reportaron ansiedade, confusión, crise de identidade, depresión, auto-ostracismo, conflitos relixiosos e intentos de suicidio.[3] O mesmo informe atopou que o estigma e a discriminación cara ás persoas que viven con VIH/SIDA impactaron a capacidade dos residentes para recibir unha educación, atopar un emprego e integrarse na comunidade. Existe evidencia anecdótica, pero non estatística para demostrar a escala do problema.[4]

Posición gobernamental editar

En 2010, o goberno do presidente Girma Wolde-Giorgis votou contra unha resolución das Nacións Unidas que pretendía incluír o termo "orientación sexual" nunha resolución contraria ás execucións extraxudiciais e sumariais.[5] O resultado é que os crimes baseados na homofobia non serán oficialmente considerados como tales. Etiopía votou na mesma liña que a maioría dos países africanos, incluíndo a Eritrea, Malí, Malaui, Tanzania, Zambia e Cimbabue.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar