Homofobia interiorizada

rexeitamento da propia homosexualidade

Homofobia interiorizada, homofobia internalizada ou homonegatividade internalizada é o medo, odio ou repulsa da propia homosexualidade. Este tipo de homofobia maniféstase frecuentemente de forma consciente e inconsciente, contra outros membros da comunidade LGBTI.[1]

Segundo un estudo realizado en conxunto polas universidades estadounidenses de Essex, Rochester e California, a homofobia interiorizada podería a ser maior entre persoas homosexuais ou bisexuais que non aceptaron a súa propia condición sexual. Nestes casos, a homofobia pódese manifestar verbal ou fisicamente contra outras persoas LGBTI, e sería unha forma de reprimir o propio desexo que, por diferentes motivos, é inaceptable para si mesmo.[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar