Bifobia
Bifobia é o medo, a discriminación ou o odio cara a persoas bisexuais. Non inclúe necesariamente a homofobia nin a heterofobia, porque hai estereotipos específicos para os bisexuais[1].
Estereotipos bifóbicosEditar
Os estereotipos bifóbicos inclúen, entre outros, a promiscuidade, poligamia, intercambio de parellas, estar confundido ou ser libidinoso[2]. Nalgúns casos, acúsase aos bisexuais de ter espallado enfermidades de trasmisión sexual á comunidade heterosexual ou incluso á comunidad LGTB. Deste estereotipo deriva aquel segundoo cal unha persoa bisexual podería ter sexo con calquera. Por iso os homes bisexuais adoitan ser vistos como portadores do virus da SIDA.
A miúdo, os heterosexuais engaden máis estereotipos baseados na homofobia. Os homófobos poden pensar que os bisexuais non están a gusto co seu sexo biolóxico. Ás veces os homosexuais consideran que os bisexuais conservan a súa reputación e colaboran con homófobos mentres distrutan simultáneamente da vida LGTB. Algúns consideran bifóbica a crenza de que a xente divídese entre heteroxuais e homosexuais, xa que pensan que a bisexualidade non existe[3].
NotasEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |
- ↑ Eliason, MJ (1997). "The prevalence and nature of biphobia in heterosexual undergraduate students.". Archives of Sexual Behavior 26 (3): 317–26. PMID 9146816.
- ↑ GLAAD: Cultural Interest Media
- ↑ Dworkin, SH (2001). "Treating the bisexual client". Journal of Clinical Psychology 57 (5): 671–80. PMID 11304706