Homo tsaichangensis

Homo tsaichangensis
Rango fósil: Plistoceno

Mandíbula Penghu 1
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Tribo: Hominini
Xénero: 'Homo'
Especie: ''H. tsaichangensis''
Nome binomial
Homo tsaichangensis'
McMenamin, 2015

Homo tsaichangensis é o nome dunha especie do xénero Homo cuxos únicos restos fósiles atopados até agora son os dunha hemimandibula coñecida como Penghu 1, que foi descuberta en Taiwán en estratos que datan do Plistoceno.

Historia editar

O fósil foi recuperado antes de 2008 por pescadores que traballaban na canle Penghu -entre as illas Pescadores e Taiwán- e foi descrito en 2015 por un equipo internacional de científicos xaponeses, taiwaneses e australianos.[1]

Datación editar

Estratigraficamente, o fósil ten menos de 450 000 anos, e en función da baixada do nivel do mar podería estar entre 190 000 e 130 000 anos ou entre 70 000 e 10 000 anos, como intervalos máis probables. Outros eventos relacionados coa baixada do nivel do mar ocorreron entre os anos 225, 240–280, 300?, 335–360 e 425–450 ka e non se poden excluír como posibles datas para Penghu 1, pero esta situación require unha explicación para a súa conservación a través de eventos sedimentarios repetidos e a infrecuenteual distribución da hiena Crocuta crocuta ultima. Polo tanto, Penghu 1 ten menos de 450 ka, e moi probabelmente entre 10-70 ka ou 130-190 ka.[1]

Taxonomía editar

O fósil está formado pola metade dereita case completa da mandíbula e catro dentes, incluíndo molares e premolares. O exemplar foi asignado ao xénero Homo en función das proporcións dos dentes e da mandíbula, descritas como moi semellantes ás dos fósiles hexianos de Homo erectus, pero a identidade desta especie ou as súas relacións taxonómicas carecen de consenso debido á limitación do material.[1] O coautor Yousuke Kaifu advertiu de que se necesitan partes esqueléticas adicionais antes de avaliar a que especie pertence, [2] pero o paleontólogo Mark McMenamin afirmou que as características dentais únicas da mandíbula son suficientes para establecer unha nova especie, Homo tsaichangensis.[3] Greg Laden sinalou que Penghu 1 "probabelmente sexa unha especie nova".[4] Nun artigo de 2015, Lelo Suvad aceptou a validez da nova especie H. tsaichangensis.[5]

Localización editar

Penghu 1 está depositado no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Taichung, Taiwán.[1] [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chang, C.-H.; Kaifu, M.; Takai, M.; Kono, R. T.; Grün, R.; Matsu'ura, S.; Kinsley, L.; Lin, L.-K. (2015). "The first archaic Homo from Taiwan" (en inglés). PMC 4316746. PMID 25625212. doi:10.1038/ncomms7037. 
  2. Choi, Charles Q. (27 de enero de 2015). "Ancient Human Fossil Could Be New Primitive Species". 
  3. McMenamin, M. A. S. (2015). Homo tsaichangensis and Gigantopithecus. South Hadley, Massachusetts: Meanma. ISBN 1-893882-19-5. doi:10.13140/2.1.3463.7121. 
  4. Laden, Greg (27 de xaneiro de 2015). "The significance of the new East Asian fossil human Penghu 1". 
  5. Suvad, Lelo (2015). "Prijegled osnovnih taksonomskih podataka o evoluciji čovjeka: Homo sapiens Linnaeus, 1758 (Chordata: Mammalia: Primates: Hominidae)" (en bosníaco) 11: 107–126. 
  6. Viegas, Jennifer (27 de xaneiro de 2015). "Big-Toothed Fossil May Be Primitive New Human". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 

Ver tamén editar