Homo rhodesiensis

Homo rhodesiensis
Rango fósil: Plistoceno

Reconstrución do home de Rodesia

Caveira atopada en 1921
Caveira atopada en 1921

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Tribo: Hominini
Xénero: Homo
Especie: H. rhodesiensis
Nome binomial
†Homo rhodesiensis
Woodward, 1921

Homo rhodesiensis (o home de Rodesia) é unha especie de homínidos do xénero Homo, descrita a partir do fósil do cranio de Kabwe. Outros restos morfoloxicamente comparables do mesmo período, ou antes, foron atopados en Suráfrica (Hopefield ou Saldanha), África do leste (Bodo, Ndutu, Eyasi, Ileret), e do norte de África (Salé, Ravat, Dar-es-Soltane, Djabel Irhoud, Sidi Aberrahaman, Tighenif). Eses xacementos datan de entre 300 mil e 125 mil anos atrás.

Porén, Homo rhodesiensis está hoxe en día catalogada pola maioría da comunidade científica como a especie Homo heidelbergensis[1][2].

Descuberta editar

Kabwe 1 foi catalogada por primeira vez en 1921 por Arthur Smith Woodward como Homo rhodesiensis, un individuo que hoxe se cataloga como Homo heidelbergensis.[3]. Ese cranio fora atopado cunha mina de zinc en Broken Hill, na daquela Rodesia do Norte e hoxe Zambia, no 1921 por un mineiro suízo, Tom Zwiglaar. Ademais do cranio, atopouse unha mandíbula doutro individuo, unha tibia e dous fragmentos de fémures. Ao cranio chamóuselle o Home de Rodesia na hora da súa descuberta. O home de Rodesia dataría de entre 125-300 mil anos. A capacidade cranial estímase en 1,2300 cm3[4]. O cranio é dun individuo robusto, con cellas grandes e amplas e cunha cara que se ten descrito como similar a dos neaderthais, mesmo chamándoselle os neandethais africanos. Porén, inda cando é robusta, os estudos recentes apuntan a que ten características intermedias entre os homes modernos e os neanderthais.

Outros espécimes clasificados como H. rhodesiensis foron catalogados posteriormente como Homo erectus[5].

Clasificación editar

En África obsérvanse diferenzas en ferramentas Acheulenses feitas antes de despois de hai 600 mil anos. Isto tense argumentado estar relacionado coa aparición de Homo rhodesiensis, uns 300 mil anos despois.

Algúns autores que estudaron as relacións entre restos fósiles clasificados como H. rhodesiensis, expuxeron que o home de Rodesia estaría dentro de Homo heidelbergensis. Outros teñen proposto a clasificación como Homo sapiens arcaicus e Homo sapiens rhodesiensis. Autores como Tim White teñen proposto que o home de Rodesia é un Homo sapiens idaltu (Home de Herto), que sería o predecesor de Homo sapiens sapiens[6]

Notas editar

  1. [1] Kabwe 1. The Smithsonian Institution's Human Origin Program(en inglés)
  2. Stringer, C. The Origin of our Species. páx 202. Ed. Penguin. 2011
  3. [2]|David R. A Companion to Paleoanthropology. Capítulo: The African Origin of Homo Sapiens. John Wiley & Sons. 2012
  4. [3] The Rightmire, G. Philip. Evolution of Homo Erectus: Comparative Anatomical Studies of an Extinct Human Species. Cambridge University Press, 1993.(en inglés)
  5. ightmire, G. The Lake Ndutu cranium and early Homo Sapiens in Africa. American Journal of Physical Anthropology. 61, 2. páx 245–254. 2005
  6. White et al. Pleistocene Homo sapiens from Middle Awash, Ethiopia. Nature. Vol 423, 6491, páx 742–747