Homo naledi
Rango fósil: non datado

Espécime Holotipo de Homo naledi, Dinaledi Hominin 1 (DH1)


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: H. naledi''
Nome binomial
'Homo naledi'

Homo naledi é unha especie extinta de homínido, provisionalmente clasificado no xénero Homo. No 2013, foron atopados esqueletos fósiles na provincia de Gauteng en Suráfrica, dentro da Cámara Dinaledi do sistema de covas "Rising Star", a uns 800 metros ó suroeste de Swartkrans, parte do Berce da Humanidade Patrimonio da Humanidade.[1] En setembro de 2015, os fósiles de cando menos quince individuos, entre máis de 1 550 espécimes, foron descubertos na cova.[1]

Etimoloxía editar

A palabra naledi quere dicir "estrela" en lingua sotho. Foi escollido pola cámara onde foi descuberto, Dinaledi ("cámara das estrelas") dentro do sistema de covas "Rising Star".

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Shreeve, Jamie (10 September 2015). "This Face Changes the Human Story. But How?". National Geographic News. Consultado o 10 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar