Home Rule en Irlanda

(Redirección desde «Home Rule, Irlanda»)

A Home Rule refírese ao establecemento dun Estatuto que dotase de certa autonomía a Irlanda dentro do Reino Unido, e ao movemento que o sustentaba.

Historia editar

Dende finais do século XIX o Partido Parlamentario Irlandés viña demandando ao goberno británico un maior autogoberno para a illa irlandesa. Con ese obxectivo, o PPI fixo pasar 4 proxectos de autonomía polo Parlamento do Reino Unido. Os dous primeiros, en 1886 e 1893, foron rexeitados. O presentado en 1914 foi aprobado, pero non entrou en vigor polo estalido da primeira guerra mundial. Só a de 1920 logrou aplicarse finalmente, pero só no Ulster, xa que no resto da illa constituíuse o Estado Libre Irlandés.