Holywater

grupo musical galego

Holywater é un grupo musical de Lugo a finais da década dos 90.[1] Ten influencias de grupos como At The Drive-In ou Radiohead,[2] e fan unha mestura de pop-indie con emo, cun son moi guitarreiro.

Holywater
OrixeLugo, Galicia
Período1999 - actualidade
Xénero(s)indie, pop, emo rock
Selo(s) discográfico(s)Astro Discos Ernie Records
MembrosRicardo Rodríguez (voz e guitarra), Martín Alonso (guitarra), Mito (baixo), Álex Vilas (batería)
Antigos membrosDiego Castro (baixo), Laura Romay (baixo), Xosé Luis Saqués (batería), Luis Casanova (batería), Khatrú (baixo)
Na rede
Bandcamp: holywater Musicbrainz: ffafcc59-e82b-4f57-a53e-f1b2b62b23f0 Songkick: 6660 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación e primeiros anos editar

O xermolo foi a unión de Ricardo Rodríguez (guitarra, e voz) con Xosé Luis Saqués (batería) para gravaren uns temas en 1998. Pouco despois uníuselles Laura Romay ó baixo, coa que empezaron a tocar en directo e, pouco despois, entrou Martín Alonso, a segunda guitarra.

Con Astro Records editar

No ano 2000 gañaron o concurso Galicia Cidade Única,entre máis de trescentas bandas.[1][2] Nese momento Luis Casanova substituíu Xosé Luis na batería. O seu primeiro disco, Handle with Care, gravárono mercede ós cartos gañados no premio e ficharon por Astro Records, comezando a tocar por España, sendo abreconcertos de grupos como Suede, the Posies ou Hooverphonic.

No ano 2004 editaron Sides, froito dunha gravación en directo e se produce a marcha de Laura Romay que é substituída por Diego Castro. O disco tivo unha ampla repercusión en Holanda onde realizaron unha xira con dez concertos.[2]

No ano 2007 gravaron Tranquility, que saíu ó mercado en abril de 2008 e se volve producir outro cambio ao marchar Diego Castro, e entrar Khatru. Tamén realizan o video-clip Last ulcer (goes off)”, realizado por Víctor Moreno, que foi premiado con Colección de Honor pola Federación Española de Profesionais de Fotografía e Imaxe.[2] No mesmo ano, 2008, participaron na Rede galega de música ao vivo.

Con Ernie Records editar

Fichan por Ernie Records e con eles publicaron os 3 seguintes discos: The Path to Follow (2010) no que participou Iago Lorenzo malia ter sido substituído na banda por Mito; Wasteland (2012) e Arboreal (2019). Este último presenta como novidade que se gravou en acústico e só estaba electrificado o baixo.[2]

Discografía editar

  • Handle with Care - 2002 (Astro Records)
  • Sides - 2004 (Astro Records)
  • Tranquility - 2008 (Astro Records)
  • The Path to Follow - 2010 (Ernie Records)
  • Wasteland - 2012 (Ernie Records)
  • Arboreal - 2019 (Ernie Records)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Holywater". fanmusicfest.com (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Fernández Rego, Fernando. "HOLYWATER". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2024.