Co nome de holanda coñécese un tecido fino, de fibras naturais, xeralmente de liño, pero hoxe tamén imitado con algodón, utilizado sobre todo para fabricar camisas, camisóns, sabas e outros produtos.[1]

Historia editar

Moi utilizado nos últimos séculos, toma o seu nome do país homónimo, dado que este era o principal centro de comercio da Europa do século XVII, especialmente en canto a tecidos, especias e produtos exóticos.

É un tecido que era moi apreciado pola súa caída e suavidade, polo que de querer contar cun produto de alta cualidade podía chegar a ser moi custoso. É por iso polo que era un signo de distinción das clases máis podentes.

Notas editar

  1. holanda Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.