Coordenadas: 43°28′47″N 8°14′44″O / 43.47985, -8.24553

Hispania SL foi unha fábrica de lapis e material de escritorio fundada en Ferrol polo empresario ferrolán Alberto Fernández Martín que tiña tamén a empresa de redes Defer, a de bolígrafos Bolfer e a téxtil Textilfer[1].

Hispania S.L.

Logo na fachada da fábrica.
TipoSociedade Limitada
Fundación1934 (peche en 1986)
LocalizaciónFerrol Galicia Galiza
FundadorAlberto Fernández Martín
IndustriaMaterial de escritorio
ProdutosLapis, bolígrafos
Número de empregados400 (anos 1950)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Alberto Fernández Martín era representante de material de escritorio e vendo as posibilidades de negocio decidiu fundar a empresa xunto con outros socios: José Andrés Vázquez, Benito Alvariño, Eusebio Pérez del Hierro, Esteban Ramil, Antonio Veiga e Luis de la Muela. Situaron a fábrica no barrio ferrolán de Ferrol Vello, preto do porto de Ferrol.

Nos seus inicios contrataron ao técnico alemán Johann Sindel, que se fixo cargo da dirección da produción e que deu nome a algúns dos seus produtos máis coñecidos. Na década de 1950 iniciaron a produción de bolígrafos. Os anos 1960 e 1970 foron de crecemento da empresa, ata a apertura do mercado español a produtos foráneos, o que supuxo a perda de mercado. A necesidade de actualizar e modernizar a empresa nunca se fixo xa que o mercado estaba a trocar preferindo outros produtos como bolígrafos de cores e portaminas.

Hispania estivo aberta ata 1981. O peche definitivo foi en 1986, cando se tomou a decisión de disolver a sociedade, foi liquidada e vendidas as instalacións. A principios de 2012 derrubouse a vella fábrica de estilo modernista, que xa estaba en ruína.

Marcas editar

 
Caixa de lapis Johann Sindel Hispania.

Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas coas mans entrelazadas[2] :

  • Hispania
  • Johann Sindel[3]
  • Mercantil
  • Competidor
  • Plumas de aceiro
  • Peites de caucho

Notas editar

  1. Urban Idade (ed.). "Posts etiquetados ‘Lapices Hispania’". Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  2. pencilvaniablog (ed.). "Herr Johann Sindel: un alemán muy "Hispaniol"". Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  3. Truby, Bob. "Johann Sindel". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2013.