Hipopotomonstrosesquipedaliofobia

fobia a usar palabras longas

A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronuncia de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Segundo o DSM-5 (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition) é unha fobia social.[1] Adoita empregarse o termo sesquipedaliofobia como abreviatura da orixinal.

Na famosa obra de Munch O Grito, represéntase a ansiedade e angustia. Esta fobia pode provocar este síntomas.

Causas e síntomas editar

Xeralmente preséntase en persoas que sufriron un trauma infantil relacionado con palabras longas como un problema de ansiedade social ou pánico escénico.[2]

 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etimoloxía e pronunciación editar

O termo hipopotomonstrosesquipedaliofobia ([i.po.po.to.mons.tɾo.ses.ki.pe.da.ljoˈfo.bja]) procede do grego hipopoto (de hippopotamus, cabalo do río, para indicar que é unha palabra monstruosamente grande, coma un hipopótamo) + do latín monstro (de monstrum, "monstruoso") + sesquipedalio (do latín sesquipedalian, "dun pé e medio") + phobos (do grego, "medo").[3]

En lingua galega contén dezasete letras distintas (a, b, d, e, f, h, i, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u) e dous ditongos.

Notas editar

  1. "What Is Hippopotomonstroses-quippedaliophobia?". Healthline (en inglés). 2021-03-18. Consultado o 2022-11-04. 
  2. "Hipopotomonstrosesquipedaliofobia: el miedo irracional a las palabras largas". psicologiaymente.com (en castelán). 2017-05-06. Consultado o 2022-11-04. 
  3. [1] etimologias.dechile.net (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar