Hipertensión xestacional

A hipertensión xestacional ou hipertensión inducida polo embarazo é un trastorno que afecta o curso normal do embarazo e defínese como a aparición de hipertensión arterial, sen ter diagnóstico previo nunha xestante, despois das 20 semanas de embarazo.[1]

Hipertensión xestacional
Clasificación e recursos externos
A micrografía amosa unha vasculopatía decidual hipertrófica, un achado histolóxico durante a hipertensión xestacional - un compoñente da preeclampsia. Coloración H&E.
DiseasesDB5208
MedlinePlus000898
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hipertensión pode presentarse antes das 20 semanas se a muller tivo fetos múltiples ou unha mola hidatiforme ou sen necesidade diso.[2]

O cadro clínico caracterízase pola aparición de hipertensión arterial que pode asociarse con proteinuria e edemas (preeclampsia) e evolucionar desfavorablemente a convulsións e chegar ó coma (eclampsia). Aínda que a causa da eclampsia é descoñecida atribúese a unha alteración no fluxo sanguíneo útero-placentario, non logrando regular os cambios na presión de filtración. Corríxese a situación coa evacuación do feto.

CondiciónsEditar

Existen algunhas condicións hipertensivas durante o embarazo:

  • Hipertensión xestacional: definida como unha PA superior a 140/90
  • Preeclampsia: hipertensión xestacional (PA > 140/90), e proteinuria (>300 mg en ouriños de 24 horas). A preeclampsia severa implica unha PA superior a 160/110 (con síntomas adicionais)
  • Eclampsia: convulsións é unha paciente con preeclampsia
  • Síndrome HELLP: anemia hemolítica, encimas hepáticas e trombocitopenia
  • A esteatose hepática aguda do embarazo inclúese en ocasións dentro do espectro da preeclampsia.

A preeclampsia e eclampsia son en ocasións tratadas como compoñentes dun mesmo síndrome.

NotasEditar

  1. Gabbe SG, Niebyl JR, Simpson JL. "33". Obstetrics - Normal and Problem Pregnancies (5 ed.). Elsevier Churchill Livingstone. ISBN 0443065721. 
  2. Vintch, Janine; Bongard, Fred S.; Sue, Darryl Y. Current diagnosis & treatment critical care. McGraw-Hill Medical. ISBN 0-07-143657-X.