Hipótese do período crítico

En lingüística cognitiva, a hipótese do período crítico postula que no desenvolvemento infantil existe un período durante o que a linguaxe pode ser adquirida máis doadamente que en calquera outro momento.

Segundo o lingüista e psicólogo Eric Lenneberg, o período crítico dura até a puberdade (arredor dos 12 ou 13 anos) e débese ao propio desenvolvemento biolóxico. Lenneberg suxire que a aprendizaxe da linguaxe pode ser máis difícil logo da puberdade porque o cerebro perde a capacidade de adaptación. Isto débese a que as funcións lingüísticas do cerebro xa se estableceron nunha parte específica do cerebro, ou sexa, porque xa se produciu a lateralización.

As súas ideas foron recollidas por Noam Chomsky e están na base das teorías innatistas de adquisición da linguaxe.