Abrir o menú principal

O cráter Herschel é un gran cráter de impacto que está no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno, Mimas, moi preto do ecuador e a uns 110° de lonxitude oeste. Recibiu o seu nome en honra ó astrónomo William Herschel, quen descubriu Mimas no ano 1789.

Herschel
Mimas moon.jpg
O cráter Herschel de Mimas, visto pola dende a sonda Cassini o 1 de agosto do 2005.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mimas
Diámetro 139 km[1]
Profundidade 5 km[2][3]
Coordenadas 1,38 ° S 111,76 ° O [1]
Procedencia do nome En honra ó astrónomo William Herschel.[1]
Para ve-los outros cráteres do sistema solar chamados 'Herschel', ir a Herschel (cráter).
As antípodas do cráter Herschel, con facturas (chamadas chasmata) que posiblemente foron causadas polo impacto que creou o cráter.

O cráter Herschel é o cráter máis grande en relación ó corpo -en equilibrio hidrostático- no cal está situado.[3] Este cráter é tan grande que os astrónomos están sorprendidos de que Mimas non se esnaquizar a causa do impacto. Mide 139 km[1] de ancho, case 1/3 do diámetro da lúa; as súas paredes teñen uns 5 km de altura,[2][3] con partes do chan do cráter que acadan case 10 kms de profundidade, e cun pico central que se eleva 6 km sobre o terreo circundante.[2] Se existise un cráter a un escala equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, tan ancho coma Canadá, e cunhas paredes de 200 km de altitude. O impacto que creu o cráter Herschel debeu estar a piques de destruír Mimas por completo; pódense ver chasmata nas antípodas do cráter, seguramente estas fracturas e fendas foron creadas polas ondas de choque xeradas polo impacto e que atravesaron a lúa, focalizándose no punto oposto do impacto. Tamén se sospeita que o impacto ten moito que ver co actual patrón da imaxe da temperatura da Mimas, este patrón ten unha forma de Comecocos.[2]

Índice

Herschel no cineEditar

A semellanza entre Mimas e a Estrela da Morte do filme Star Wars, debido ó gran tamaño do cráter, é citada moi a miúdo tanto na prensa coma por parte da NASA/JPL.[4][5] Pero non é máis cunha coincidencia xa que o cráter non foi descuberto ata o ano 1980, tres anos despois de que se fixera o filme.[6]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Crater, craters: Herschel on Mimas". Consultado o 11-08-2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA, ed. (29-03-2010). "Goddard Instrument Aboard Cassini Spacecraft Sees 'Pac-Man' on Saturn Moon". 
  3. 3,0 3,1 3,2 Os cráteres de lúas pequenas coma o cráter Stickney posiblemente sexan máis grandes en comparación [1]; os cráteres que puidesen existir nas lúas de planetas ananos aínda non foron fotografados.
  4. Nicholas M. Short, Sr. "Remote Sensing Tutorial Page 19-18 "Saturn and its Moons"". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  5. NASA/JPL/Space Science Institute, ed. (29-03-2010). "PIA12570: Flying by the "Death Star" Moon". 
  6. Young, Kelly (11-02-2005). New Scientist, ed. "Saturn's moon is Death Star's twin". 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar