A hemoglobina A2 (HbA2) é unha variante normal da hemoglobina A que consta de dúas cadeas alfa e dúas delta2δ2) e encóntrase en baixos niveis no sangue humano normal. A súa importancia biolóxica aínda non se coñece ben.

A HbA2 existe en pequenas cantidades en todos os adultos humanos, xa que supón entre o 1,5 e o 3,1% de todas as moléculas de hemoglobina do corpo, e o seu nivel é aproximadamente normal en persoas que padecen anemia falciforme, as cales posúen hemoglobina S.[1] A hemoglobina A2 pode incrementarse na beta talasemia (non producen cadea beta) ou en persoas que son heterocigotas para o xene da beta talasemia, aínda que non a padezan.[2][3] A hemoglobina A2 está incrementada en pacientes infectados polo VIH en tratamento con zidovudina.[4] Obsérvanse baixos niveis de HbA2 na anemia por deficiencia de ferro, na persistencia hereditaria da hemoglobina fetal, e na enfermidade da HbH.[5]

A hemoglobina A2 (o tipo de hemoglobina de catro cadeas da que fala este artigo) non se debe confundir coa hemoglobina, alfa 2, que é só unha cadea alfa das hemoglobinas, codificada no xene HBA2.

  1. "Clinical Practice Guideline for Sickle Cell Disease/Trait". American Society of Aerospace Medicine Specialists. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2018. Consultado o 3 de maio de 2013. 
  2. Jack B. Alperin, M.D., Patricia A. Dow, B.S., Mozellar B. Petteway, B.S., Hemoglobin A2 Levels in Health and Various Hematologic Disorders, American Journal of Clinical Pathology, Volume 67, Issue 3, 1 de marzo de 1977, Páxinas 219–226, https://doi.org/10.1093/ajcp/67.3.219
  3. Maria Stella Figueiredo. The importance of hemoglobin A2 determination. Rev Bras Hematol Hemoter. setembro-outubro de 2015; 37(5): 287–289. Publicado on line o 21 de xullo de 2015. doi: 10.1016/j.bjhh.2015.06.002 . PMCID: PMC4685102 . PMID 26408359
  4. Jean-Pierre Routy MD, Marc Monte, Raymond Beaulieu, Emil Toma, Line St-Pierre, Marc Dumont. Increase of hemoglobin A2 in human immunodeficiency virus-1-infected patients treated with zidovudine. Publicado en xuño de 1993. [1]
  5. Jack B. Alperin, M.D., Patricia A. Dow, B.S., Mozellar B. Petteway, B.S., Hemoglobin A2 Levels in Health and Various Hematologic Disorders, American Journal of Clinical Pathology, Volume 67, Número 3, 1 de marzo de 1977, Páxinas 219–226, https://doi.org/10.1093/ajcp/67.3.219

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.