Helioviewer
O Helioviewer, é un proxecto conxunto da NASA e da ESA, de código aberto para a visualización de datos solares e heliosféricos, que inclúe un software de visualización de datos de imaxes do Sol baseado no estándar de compresión de imaxes JPEG 2000, escrito en Java e OpenGl, chamado JHelioviewer.
O software foi desenvolvido por investigadores da ESA e da NASA como parte do proxecto JHelioviewer que desenvolve un equipo interdisciplinario de físicos solares e enxeñeiros informáticos (sendo os investigadores principais: Daniel Müller da ESA, e Jack Ireland (ADNET Systems, Inc. / NASA Goddard Space Flight Center). O Protocolo Interactivo JPEG 2000 (JPIP) permite enviar paquetes de datos a alta compresión. Dita tecnoloxía permite ao Observatorio de dinámica Solar da NASA manexar e servir aos investigadores, e público en xeral, mais dun terabyte de datos de imaxes por día. O servidor do software e arquivos JPEG 2000 está situado no Centro de Análises de Datos do Sol (SDAC) do Centro de Voo Goddard da NASA.
Ademais de permitir a descarga do programa, tamén dispón dun servizo de imaxes na web na dirección www.helioviewer.org, e acceso para aplicacións móbeis.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Aplicación web de visualización de datos do proxecto HelioviewerArquivado 27 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en inglés).
- Páxina de descarga do programa JHelioviewer (en inglés).
- Páxina inicial da wiki HelioviewerArquivado 30 de abril de 2011 en Wayback Machine. (en inglés).
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |