Helios (satélite)

(Redirección desde «Helios 1»)

Helios 1 e 2 foron dúas sondas espaciais colaboración da axencia alemá DLR e da NASA. Helios 1 foi lanzada o 10 de decembro de 1974 e Helios 2 o 15 de xaneiro de 1976, ambas a bordo de foguetes Titan IIIE desde Cabo Cañaveral.[1][2]

Unha das sondas Helios durante unhas probas.

Características editar

A misión das dúas sondas Helios foi estudar o espazo interplanetario e a contorna do Sol nas súas proximidades, nunha órbita cun perihelio de só 0,309 UA e un afelio de 0,985 UA. Cada nave ía equipada con dous mastros con instrumentación e unha antena dipolo de 32 m de longo. Os instrumentos a bordo permitían medir campos magnéticos, eléctricos, partículas cargadas, a luz zodiacal e impactos de micrometeoritos. As sondas estabilizábanse mediante xiro a 60 r.p.m., co eixo de rotación perpendicular á eclíptica. As comunicaciós coas sondas tiñan lugar a velocidades de entre 8 e 4096 bps. Helios 1 tivo problemas ao despregar a súa antena dipolo, o que afectou durante o resto da misión ás medicións feitas polo resto de instrumentos.[2][1]

Instrumentos editar

Helios 1 e 2 levaban os seguintes instrumentos a bordo:[2][1]

  • Un magnetómetro de porta de fluxo para flutuacións de campo.
  • Un magnetómetro de porta de fluxo para medir campos medios.
  • Un magnetómetro de busca de bobina.
  • Medidor de ondas de plasma solares.
  • Un analizador de espectro de frecuencia fina e baixa resolución temporal.
  • Detector de radioondas de entre 26,5 kHz e 3 MHz.
  • Detector de raios cósmicos.
  • Detector de raios cósmicos de orixe solar e galáctico.
  • Detectores de plasma.
  • Detector de electróns e protóns enerxéticos.
  • Fotómetro para a luz zodiacal.
  • Detector e analizador de micrometeoroides.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Helios" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Helios 1, 2" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar