Heliodoro Gallego Armesto
matemático, físico e xeógrafo galego
Heliodoro Gallego Armesto, nado na Pobra de Trives o 18 de decembro de 1872 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1934[1], foi un matemático, físico e xeógrafo galego.
Heliodoro Gallego Armesto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de decembro de 1872 |
Lugar de nacemento | A Pobra de Trives |
Falecemento | 19 de marzo de 1934 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xeógrafo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago. Realizou publicacións sobre xeografía, física e matemáticas. Colaborou nas revistas Vida Gallega e Boletín de la Real Academia Gallega.
Obras editar
- Guía del ciclista en España: Provincia de Madrid, 1896
- Estudio analítico experimental de la inducción y autoinducción magnético-eléctricas, 1901.
- Mapa de la provincia de Orense, 1904.
- El eclipse total de Sol del día 30 de agosto próximo, 1905.
- Técnica algebraica, 1907.
- Elementos de trigonometría general y rectilínea, 1920.
- Matemáticos españoles contemporáneos, 1924 (dedicado a Durán Loriga e Zoel García de Galdeano).
- Los ferrocarriles de Galicia: novísima guía en forma de itinerarios descriptivos, 1926.
Notas editar
- ↑ El Compostelano, 20-3-1934, p. 3.