Posición da helicotrema

A helicotrema é un orificio que se atopa no interior da cóclea, en concreto no vértice a partir do cal comenza a desenvolverse en espiral e onde conflúen a scala tympani e a scala media. A súa función é permitir que as vibracións da fiestra oval se transmitan ao interior da cóclea a movan a linfa, que á súa vez fai vibrar as membranas que a forman, a membrana basilar e a membrana de Reissner. É a área que mellor detecta os sons de baixa frecuencia.