Sumak Helena Sirén Gualinga, nada o 27 de febreiro de 2002, é unha activista indíxena dos dereitos humanos e medioambientais orixinaria da comunidade kichwa de Sarayaku, en Pastaza, Ecuador.[1]

Infotaula de personaHelena Gualinga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sumak Helena Sirén Gualinga Editar o valor em Wikidata
27 de febreiro de 2002 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Sarayaku, Ecuador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2019 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua sueca e lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Ubud Writers & Readers Festival 2023 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsNina Gualinga Editar o valor em Wikidata
ParentesPatricia Gualinga (pt) Traducir (Tía) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm12474820 Twitter: sumakhelena Instagram: helenagualinga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Helena Gualinga naceu na comunidade Kichwa Sarayaku, na provincia de Pastaza, Ecuador e os seus pais son o finés Anders Sirén, profesor do Departamento de Xeografía e Xeoloxía na Universidade de Turku, e a indíxena ecuatoriana Noemí Gualinga, quen foi presidenta da asociación de mulleres Kiwcha.[1] A súa irmá máis vella é a activista Nina Gualinga, a súa tía é Patricia Gualinga e a súa avoa Cristina Gualinga, mulleres amazónicas que loitaron polos dereitos indíxenas e da súa terra.[1] Helena viviu nos territorios Sarayaku da provincia de Pastaza, e pasou a maior parte da súa adolescencia en Pargas e logo en Turku, na costa suroeste de Finlandia, debido ó vínculo familiar do seu pai. En Turku, estudou na secundaria da Escola Catedral.[1][2]

Dende a súa nenez viu como a súa familia se enfrontou ás grandes compañías petroleiras que chegaron ó seu territorio, feito polo que toda a súa familia foi perseguida por anos.[1][2] O conflito da súa familia contra as grandes corporacións e os gobernantes ecuatorianos volveuse sanguento, onde as principais figuras da súa comunidade perderon a vida.[2]

Activismo editar

Mentres se realizaba a Cimeira sobre a Acción Climática ONU de 2019, na sede da ONU, en Nova York, Helena protestou nas aforas xunto a centos de rapaces de todo o mundo para expresar a súa preocupación polo cambio climático. Fíxoo sostendo un letreiro que dicía "sangue indíxena, nin unha soa pinga máis".[2][3]

 
Deforestación da Amazonia en Bolivia, 2016.

O 9 de decembro de 2019, tivo unha intervención na cimeira sobre o cambio climático COP25 en Madrid, España, onde salientou o problema das pretroleiras que interveñen nos territorios indíxenas e manifestou: "Os Gobernos do noso país seguen concesionando os nosos territorios sen o noso consentemento á industria extractiva que está a crear o cambio climático. Isto debería ser criminal".[3] Ademais dixo sentirse descepcionada dos líderes mundiais que non discuten as cousas que son importantes para o pobo indíxena que acudiu á cimeira e criticou ó goberno de Ecuador, quen aínda non deu resposta ó mandato que as mulleres amazónicas lle deron o ano pasado logo de cinco días de protestas na capital.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Helena Gualinga, la adolescente que desde Ecuador eleva su voz por el clima". El Universo (en castelán). 11 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Helena Sirén Gualinga, 17, taistelee ilmastonmuutosta vastaan Greta Thunbergin taustalla: "Tämä ei ollut valinta, synnyin tämän keskelle"". Yle Uutiset (en finés). 11 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "La adolescente Helena Gualinga, activista del pueblo Sarayaku, arremetió contra el Gobierno de Ecuador en la COP25 de Madrid". El Comercio. 11 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2019.