Abrir o menú principal

Heinz G. Konsalik

escritor alemán

Heinz Gunter Konsalik, nado en Colonia o 28 de maio de 1921 e finado en Salzburgo o 2 de outubro de 1999, foi un novelista alemán de éxito comercial.

Heinz G. Konsalik
Nome completoHeinz Günther
Nacemento28 de maio de 1921
 Colonia, Alemaña
Falecemento2 de outubro de 1999
 Estado de Salzburgo
SoterradoCemitério Melaten
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónxornalista, escritor, novelista, guionista e list of prolific writers
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos dez anos escribiu a súa primeira novela, sobre os indios norteamericanos e con 16 publicaba folletóns nos xornais da súa cidade natal. Estudou medicina, xermanística e teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial foi correspondente de guerra en Francia e marchou como soldado á fronte leste, onde resultou ferido. A partir do éxito de Der Arzt von Stalingrad ("O médico de Stalingrado") en 1951 dedicouse a escribir, dos seus 186 libros vendeu máis de 80 000 000 de exemplares ata a súa morte e das súas novelas fixéronse filmes para cine e televisión.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.