Heiðrún é unha cabra da mitoloxía nórdica. Dos seus ubres non mana leite, senón o hidromel que toman os homes mortos en combate que residen en Valhalla. Vive no tellado de dito palacio onde se alimenta das follas da árbore Yggdrasil.