Hassan Diab

Primeiro ministro do Líbano en 2020

Hassan Diab (en árabe : حسان دياب) nado en Beirut o 6 de xaneiro de 1959, é un enxeñeiro e académico libanés, que foi primeiro ministro do Líbano de xaneiro a agosto de 2020.[1] Antes do ser primeiro ministro, Diab exerceu como ministro de Educación libanés entre 2011 e 2014, baixo a presidencia de Michel Suleiman .

Hassan Diab
Nacemento6 de xaneiro de 1959
Lugar de nacementoBeirut
NacionalidadeLíbano
RelixiónSunnismo
Alma máterUniversidade Metropolitana de Leeds, Universidade de Surrey e Professores da Universidade de Bath
Ocupaciónenxeñeiro, funcionario e político
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Diab naceu nunha familia libanesa en Beirut en 1959. Licenciado en enxeñaría de comunicacións, na Universidade Metropolitana de Leeds en 1981. Despois obtivo un mestrado en enxeñaría de sistemas pola Universidade de Surrey en 1982 e un doutoramento en enxeñaría informática pola Universidade de Bath en 1985.

Diab está casado con Nuwar Mawlawi e ten tres fillos. Actualmente vive en Beirut. É un musulmán sunita.[2]

Diab foi profesor de enxeñaría eléctrica na Universidade Americana de Beirut (AUB). Tamén foi vicepresidente de programas externos rexionais na AUB de outubro de 2006 a xuño de 2011.[3] O 13 de xuño de 2011 foi nomeado Ministro de Educación e Educación Superior como parte do gabinete de Najib Mikati, en substitución de Hassan Mneimneh. Foi sucedido por Elias Abu Saab como ministro de Educación, o 15 de febreiro de 2014.[4]

Foi nomeado primeiro ministro libanés para suceder a Saad Hariri o 19 de decembro de 2019, no medio das protestas no Líbano entre 2019 e 2020 que causaran a dimisión de Hariri. A candidatura de Diab obtivo o apoio de 69 membros do parlamento do Líbano, a maioría simple; o seu apoio veu dos partidos que compoñen a Alianza do 8 de marzo.[5]

O 10 de agosto de 2020, Diab dimitiu, xunto co seu goberno, tras varias protestas da poboación tras as explosións no porto de Beirut unha semana antes.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar