Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (videoxogo)

videoxogo de 2004 de acción e aventuras

Harry Potter and the Prisoner of Azkaban é o terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.

Harry Potter and the Prisoner of Azkaban
Desenvolvedor(es)
Distribuidora(s)EA Games
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorUnreal Engine 2 (PC)
RenderWare (consola)
LanzamentoGame Boy Advance e Microsoft Windows: América do Norte: 25 de maio de 2004
Unión Europea 29 de maio de 2004
GameCube, PlayStation 2 e Xbox: Unión Europea 29 de maio de 2004
América do Norte: 2 de xuño de 2004
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)
SerieHarry Potter
Na rede
http://harrypotter.ea.com/cofs/index.html
IMDB: tt0414084 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o preso de Azkaban.

Harry, Ron e Hermione entéranse de que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Porén, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.

Personaxes cos que se pode xogar editar

  • Versión para PC:

(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).

  • Harry Potter obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Expecto Patronum e Glacius.
  • Hermione Granger aprende dous feitizos: Draconifors e Lapifors.
  • Ron Weasley só aprende un feitizo ao longo do xogo: Carpe Retractum.
  • Versión para consola:

(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).

  • Harry Potter é o único que pode saltar, ademais de ser o que poder correr máis rápido. Obtén o "Mapa do Merodeador" en forma de minimapa que serve para guiar ao xogador, mostrándolle o perfil do terreo onde se atopan Harry, Ron e Hermione. Os feitizos que aprende durante o xogo son: Carpe Retractum e Expecto Patronum.
  • Hermione Granger e a única que pode pasar a través de espazos pequenosis e sabe a meirande parte dos feitizos: Glacius, Reparo, Draconifors e Snufflifors.
  • Ron Weasley é o único que pode pasadizos segredos e usar pelotas de cheiros noxentos e bombas de esterco. Durante o xogo só aprende o feitizo: Lumos Duo.
  • Dean Thomas, Neville Longbottom, Parvati Patil, Draco Malfoy, Vincent Crabbe, Gregory Goyle, Ravenclaw; pódese xogar con todos os estudantes de Hufflepuff e Slytherin no minixogo do "Club de Duelo". Os únicos feitizos que saben son: Flipendo e Expelliarmus.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar