Harry Patch (In Memory Of)

«Harry Patch (In Memory Of)»
sinxelo de Radiohead
Lanzamento 5 de agosto do 2009
Formato descarga
Gravada 2009
Xénero musical música clásica
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 5:33
Discográfica auto-editado
Produtor(es)
Escritor(es) Radiohead
Cronoloxía
«"Reckoner «Harry Patch (In Memory Of)» «"These Are My Twisted Words
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Harry Patch (In Memory Of)" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. O grupo compuxo e gravou o tema como tributo ao supercentenario británico Harry Patch, o derradeiro soldado vivo que loitou nas trincheiras da primeira guerra mundial. A canción foi auto-editada o 5 de agosto do 2009 como sinxelo descargable e vendido por 1 libra na páxina web de Radiohead. Todos os cartos gañados foron doados á organización caritativa The Royal British Legion.

Gravada nunha abadía pouco despois da morte de Patch, o tema consiste na voz Thom Yorke e un arranxo de cordas composto por Jonny Greenwood, sen a típica instrumentación de Radiohead que mestura rock e electrónica. A familia Patch aprobou a mensaxe da canción e o uso caritativo dos beneficios.