Hannah Mancini

música estadounidense

Hannah Mancini, nada en Fresno (California) o 12 de marzo de 1980, é unha cantante estadounidense radicada en Eslovenia.

Hannah Mancini
Data nacemento12 de marzo de 1980 (44 anos)
Nado enFresno Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónCantautora
XéneroHouse
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2009 - actualidade
Na rede
Facebook: hmancini Twitter: hannahmancini MySpace: hannahmancini Souncloud: hannahmancini Spotify: 3SCvTWR1cJgULokal9Hd8y Musicbrainz: 6fa14323-e360-4cd8-8b8d-2724175114f4 Discogs: 1896225 Allmusic: mn0002865132 Deezer: 4611675 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Participou na final do proceso de selección esloveno para o Festival da Canción de Eurovisión 2011 xunto a Sylvain e Mike Vale coa canción "Ti si tisti". Dous anos despois, foi elixida internamente para representar a Eslovenia no Festival da Canción de Eurovisión 2013 coa canción "Straight into love", aínda que non pasou á final, quedando na primeira semifinal na última posición con tan só oito puntos (5 dos Países Baixos e 3 de Montenegro).[1]

Na súa carreira, Hannah tamén traballou en bandas sonoras de Disney e tivo á oportunidade de colaborar no estudio con compositores como Todd Chapman e o produtor cun Grammy, Larry Klein. Tamén actuou no Show de Jay Leno.[2]

Discografía editar

Singles editar

  • "Ti si tist" (con Sylvain e Vale Mike) (2011)
  • "Straight Into Love" (2013)

Notas editar