Hamaca paraguaya

filme de 2006 dirixido por Paz Encina

Hamaca paraguaya é un filme paraguaio dramático de 2006 escrito e dirixido por Paz Encina. Gañou o Premio Fipresci na sección Un certain regard do Festival de Cannes de 2006.[1] Esta coproducida por Paraguai, xunto con Francia, os Países Baixos, Austria, Alemaña, a Arxentina, e foi rodada integramente en Paraguai. Completamente falada en guaraní, o filme transcorre durante as últimas horas da guerra do Chaco, que se librou entre Paraguai e Bolivia. Foi estreado o 2 de novembro de 2006.

Hamaca paraguaya
Ficha técnica
Título orixinalHamaca paraguaya
DirectorPaz Encina
ProdutorLita Stantic
Marianne Slot
Ilse Hughan
GuiónPaz Encina
IntérpretesGeorgina Genes
Ramón del Río
Jorge López
Benjamín Blanco
Domiciano Figueredo
MúsicaTema musical
“Renacer” de
Oscar Cardozo Ocampo
interpretado por
Berta Rojas
FotografíaWilli Behnisch
MontaxeMiguel Schverdfinger
Estrea2006
Duración73 minutos
Orixe Paraguai
Arxentina
Francia
Países Baixos Países Baixos
Alemaña Alemaña
Austria Austria
Na rede
IMDB: tt0482987 Allocine: 111321 Allmovie: v350359 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A historia, contada cinematograficamente cuns poucos planos fixos e con diálogos en off, desenvólvese durante un único día, o 14 de xuño de 1935. O lugar, unha paraxe selvática illada en terras paraguaias. Os protagonistas: Cándida e Ramón, un matrimonio ancián de campesiños. O seu fillo, Maximiliano Ramón Caballero, marchou para combater na guerra do Chaco, e ambos os pais esperan o seu regreso. O pai faino con optimismo, confiando en que volverá ver o seu fillo con vida; a nai, porén, vese embargada polos máis funestos presentimentos.

Ámbolos dous agardan baixo un ceo encapotado que non acaba de romper en choiva, entre unha calor e o molesto ladrar da cadela que o seu fillo lles deixou para que coidasen durante a súa ausencia. Finalmente, un carteiro chega coa resposta esperada referente ó fillo.

Personaxes editar

Notas editar

  1. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Paraguayan Hammock". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 15 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar