Halímede (ou en grego Αλιμήδη) é un satélite irregular de Neptuno de movemento retrógrado. Foi descuberto por Matthew J. Holman e o seu equipo o 14 de agosto do 2002.[4]

Halímede
Descubrimento
Descuberta por M.Holman
JJ Kavelaars
T. Grav, W. Fraser
D. Milisavljevic
Descuberta o 14 de agosto do 2002
Características orbitais[1]
Época 10 de xuño do 2003
Eixo semi-maior 16.611 Gm
Excentricidade 0,2646
Período orbital 1879,08 d
(5.14 a)
Inclinación 112,712° *
Características físicas
Diámetro medio 62 km[2]**
Período de rotación ?
Albedo 0,04 asumido[2]
Cor neutral (gris)
B-V=0.73 R-V=0.35[3]
Tipo espectral ?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo
Satélites irregulares de Neptuno.

Halímede é a segunda lúa de Neptuno con máis excentricidade e a terceira con máis inclinación orbital.[5] Isto é ilustrado no diagrama en relación con outros satélites irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade.

Halímede ten ó redor de 62 quilómetros de diámetro (asumindo un albedo de 0,04).[2] e semella ser dunha cor neutral (gris) á luz visible. Tendo unha cor moi semellante á de Nereida, xunto con alta probabilidade (41%[4]) dunha colisión entre ambas lúas ó longo da vida do Sistema Solar, foi suxerido que Halímede podería ser un fragmento de Nereida.[3]

Halímede, ou Neptuno IX, coma case tódolos satélites exteriores de Neptuno, recibiu un dos nomes das Nereidas, as cinco fillas de Nereus (Nereo) e Doris. Antes do anuncio do seu "bautizo final" que foi o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Halímede tiña a designación provisional de S/2002 N 1.

Notas editar

  1. Jacobson, R.A. (2008) NEP078 - JPL satellite ephemeris
  2. 2,0 2,1 2,2 S. Sheppard, D. Jewitt and J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint.
  3. 3,0 3,1 T. Grav, M. Holman and W. Fraser Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune, The Astrophysical Journal, 613 (2004), pp.L77–L80. Preprint
  4. 4,0 4,1 M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson, Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
  5. Williams, Dr. David R. (23 de novembro do 2006). NASA, ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 16-01-2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar