Hagoromo foi un satélite artificial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 24 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][4][5]

Hagoromo / Muses A Lunar Orbiter
TipoTecnolóxico
OrganizaciónISAS
Data de lanzamento24 de xaneiro de 1990, 11:46 GMT[1][2][3]
Foguete portadorM-3SII[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para inserción lunar.[2][5]
NSSDC ID1990-007B
Masa12 kg[2][4][5]
Potencia10 W[2]

Características editar

Hagoromo ía acoplado á sonda Hiten e foi liberada para ser insertada en órbita lunar. Tiña unha masa de 12 kg e forma de polihedro de 26 caras, cunha distancia de 36 cm entre caras opostas. No interior do satélite atopábase un retrofoguete de 4 kg de propelente sólido para a inserción lunar. A enerxía para o satélite a proporcionaban células solares situadas en 16 das 26 caras do satélite, proporcinando 10 W de potencia. As comunicacións tiñan lugar en banda S mediante un transpondedor e unha antena dipolo omnidireccional. O satélite non levaba instrumentos científicos e solo transmitía datos relativos ao estado do satélite.[2][4][5]

Hagoromo ía acoplado a Hiten, que foi inxectado nunha órbita terrestre elíptica moi alongada que pasaba pola veciñanza da Lúa. Durante a primeira aproximación, o 18 de marzo de 1990, liberou a Hagoromo, convertendo ao Xapón no terceiro país en poñer unha sonda en órbita lunar. O transmisor da sonda fallou o 21 de febreiro de 1990, pero a ignición foi confirmada por observación desde terra. Non houbo máis contactos co satélite.[2][4][5]

Notas editar

  1. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HAGOROMO" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (17 de abril de 2020). "Hagoromo" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Hagoromo" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Muses A Lunar Orbiter (Hagoromo)" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2020). "Hagoromo" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar