Húsares (literatura)

Os Húsares (en francés Les Hussards) foi unha corrente ou movemento literario francés das décadas de 1950 e 1960; fundaméntase na oposición aos postulados existencialistas e especialmente á figura do intelectual que encarnaba o filósofo Jean-Paul Sartre.

A novela de Roger Nimier Le Hussard bleu deu nome ao movemento, de seu bastante heteróclito; tamén se destacou pola súa oposición á figura de Charles De Gaulle. François Dufay recoñécelles sobre todo «o gusto polo estilo, que é breve, recargado e dúctil», un anticonformismo refrescante, o rexeitamento das tendencias de moda e o gusto polos casos perdidos.

Dous dos principais expoñentes dete movemento foron Jacques Chardonne e Paul Morand.