Héctor Quiroga

biólogo mariño e oceanógrafo galego
(Redirixido desde "Héctor Quiroga Lorenzo")

Héctor Homero Quiroga Lorenzo, nado na Coruña o 16 de maio de 1933 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 2018,[1][2] foi un biólogo mariño e oceanógrafo galego.

Héctor Quiroga
Nacemento16 de maio de 1933
 A Coruña
Falecemento5 de setembro de 2018
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónoceanógrafo e biólogo mariño
PaiDomingo Quiroga
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Domingo Quiroga Ríos. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid. Foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo da dirección provincial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Entre 1982 e 1985 foi o encargado de analizar e realizar o seguimento das baleas comúns cazadas pola frota galega, que eran levadas á factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Foi un dos científicos que participou nas xuntanzas da Comisión Baleeira Internacional nas que se aprobou a moratoria da caza da balea.

ObrasEditar

  • La riqueza marisquera de Galicia, 1974.
  • Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas, 1996.
  • La caza de ballenas en aguas ibéricas, 2002.

Vida persoalEditar

Casou con María Salomé Santos Vázquez e foi pai de Domingo Antonio, Ricardo e Salomé Quiroga Santos.

NotasEditar