Gwasg Gee foi unha editorial galesa que tivo a súa orixe na imprenta de Thomas Gee na vila de Denbigh e á que o seu fillo Thomas Gee converteu nunha auténtica editorial. Durante dous séculos foi unha das maiores editoriais en lingua galesa. Pechou no ano 2001.

Gwasg Gee
Tipoeditorial e gráfica
Data de fundación1808
SedeGwasg Gee Printing Works
PaísReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
editar datos en Wikidata ]
Volume IX da enciclopedia Y Gwyddoniadur Cymreig (1878).

Historia editar

En 1808 o reverendo Thomas Jones establecera unha imprenta en Ruthin que mercou Gee en 1813 e trasladou a Denbigh[1]. Tras facerse cargo do negocio familiar Thomas Gee fillo en 1845[2] comezou a editar o periódico literario trimestral Y Traethodydd que se sumou ao que xa viña publicando desde 1843 Y Faner e que fixeron coñecida á casa editora. En 1854 comezou a publicación de Y Gwyddoniadur Cymreig enciclopedia en dez volumes que se completou en 1879. Tras a morte de Gee a empresa pertenceu aos seus herdeiros ata 1914 e en 1935[3] mercouna o esposo da escritora Kate Roberts e tras a morte deste foi Roberts quen se fixo cargo da editorial.

Notas editar

  1. "Gee Printing Company Records. National Library of Wales". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2015. 
  2. Gee, Thomas en Dictionary of Welsh Biography
  3. "Kate Roberts en Maes y Gad i Les y Wlad". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2015.