Gurgullo da castaña

especie de insecto

O gurgullo da castaña (Curculio elephas Gyllenhal) é un insecto coleóptero da familia dos curculionídeos. As súas larvas medran no interior do ourizo da castaña. Convértense en adultos habitualmente entre os meses de agosto e setembro, fase na que acadan un tamaño entre 6 a 10 mm (inferior á lonxitude da fase larvaria) e adquiren unha cor entre gris e amarela.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.