Na mitoloxía nórdica Gunnlöð (Gunnlod) era a filla de Suttung, e quen facía garda en nome del na caverna onde se garda a hidromel da poesía. Foi seducida por Odín, quen de acordo a Snorri negociou con ela un cambio de tres noites de sexo por tres sorbos da hidromel, e despois enganouna roubándolle todo e fuxindo en forma de ave.

Ilustración de Gunnlod