Guillermo O'Donnell

Guillermo O'Donnell, nado en 1936 na Arxentina, é un destacado politicólogo arxentino. Entre as súas achegas teóricas á ciencia política salientan os seus traballos sobre o Estado burocrático-autoritario e sobre a teoría da democracia e as características dos procesos de transición á democracia, a través do desenvolvemento de conceptos como "accountability" horizontal, "democracia micro" e democracia delegativa. O seu irmán Pacho é un recoñecido político e escritor.

Infotaula de personaGuillermo O'Donnell
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , avogado , politicólogo , escritor , latino-americanista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresRobert A. Dahl Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría O'Donnell (en) Traducir, Santiago O'Donnell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPacho O'Donnell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Guillermo O'Donnell licenciouse en dereito na Universidade de Bos Aires en 1956. En 1978 trasladouse a Estados Unidos onde en 1984 obtivo o doutoramento en Ciencias Políticas na Universidade Yale.

Desempeñou o cargo de presidente da Asociación Internacional de Ciencia Política entre 1989 e 1991.

É profesor da cátedra Helen Kellog de Ciencias Políticas do Instituto Kellog na Universidade de Notre Dáme e investigador do Instituto de Estudos Avanzados da Universidade Stanford e membro da Academia Americana de Artes e Ciencias.

Foi profesor da Universidade de São Paulo (Brasil) e da Universidade de California (Estados Unidos). Dirixiu o Centro de Estudos de Estado e Sociedade (CEDES) na Arxentina.

Na década dos oitenta ocupou o cargo de secretario de cultura da Nación e posteriormente lexislador menemista.

En 1995 foi nomeado Doutor Honoris Causa da Universidade de Bos Aires e en 1996 recibiu o Premio Konnex en Ciencias Políticas.

Investigacións editar

A partir da década do '70 comezou a estudar as características do Estado autoritario a partir da observación do goberno militar denominado Revolución Arxentina que gobernou a Arxentina entre 1966 e 1973. Destácanse deste período o seu libros Modernización e Autoritarismo (1972) e O Estado Burocrático Autoritario (1982), este último convertido nun clásico da Ciencia Política.

Desde 1983, en sintonía cos procesos de recuperación da democracia en América Latina O'Donnell comezou a profundar as estudos sobre a democracia, os seus orzamentos, compoñentes e mecanismos internos. Destácase deste período o seu artigo Democracia macro e micro (1982) e o libro Transicións desde un goberno autoritario (coeditado, 1988).

A partir da década do '90 O'Donnell desenvolveu o concepto de "democracia delegativa" para distinguila da democracia representativa; segundo O'Donnell os procesos democráticos que se produciron en América Latina e no leste de Europa non alcanzaron a establecer democracias representativas, senón democracias delegativas, institucionalmente débiles con poderes executivos moi centralizados. Destácanse deste período Contrapuntos: ensaios escollidos sobre autoritarismo e democratización (1997), Pobreza e desigualdade en América Latina (coeditado, 1999), A (in)efectividade da lei e a exclusión en América Latina (coeditado, 2001).

Obra editar

  • Modernización y Autoritarismo, (1972)
  • El Estado Burocrático Autoritario, (1982)
  • Democracia macro y micro, (1982)
  • Transiciones desde un gobierno autoritario, (coeditado, 1988)
  • Contrapuntos: ensayos escogidos sobre autoritarismo y democratización, (1997)
  • Pobreza y desigualdad en América Latina, (coeditado, 1999)
  • La (in)efectividad de la ley y la exclusión en América Latina, (coeditado, 2001)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar