Guillermo Massó García

político español

Guillermo Massó García foi un aparellador e político galego.

Infotaula de personaGuillermo Massó García
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Perito mercantil. Estudou para aparellador na Escola Industrial de Vigo.[1] En marzo de 1936 foi elixido secretario da Xunta directiva do PSOE de Vigo. Foi elixido polo PSOE para ocupar un posto de concelleiro en Vigo en abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou pasar á zona republicana. Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos.[2] Publicou ilustracións en Cultura Gallega. Despois da guerra instalouse como aparellador en Madrid. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.[3]

Notas editar

  1. Gaceta de la República, 226, 14-8-1937, p. 634.
  2. El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 20-10-1940, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar