Guillén el del son entero

Guillén el del son entero foi o primeiro rexistro de Xulio Formoso gravado para Polydor nunha relación comercial e artística que non sempre foi cordial. Foi un álbum conceptual (como a maioría dos de Xulio Formoso) dedicado á obra do bardo cubano Nicolás Guillén. Por primeira vez apareceu aquí o grupo Sensemayá na súa formación orixinal que acompañaría a Formoso en moitos concertos e gravacións posteriores.

Guillén el del son entero
Álbum de Xulio Formoso
Xénero(s)folk
Selo(s)Polydor
Cronoloxía
La canción que va conmigo Guillén el del son entero Levántate Rosalía

As composicións e interpretación mantiveron os ritmos afro-cubanos do traballo escrito no que foron baseadas. Foi un dos álbums máis vendidos de Xulio Formoso e un dos mais vendidos ese ano 1975 en Venezuela e outros países. Varias das súas pezas foron versionadas máis tarde por artistas como Los Sabandeños, o grupo Ahora e Ibrahim Ferrer.

Cando este álbum foi bautizado, Guillén escribiu no reverso da copia de Xulio Formoso un frase sobre o traballo: "A miña poesía vén da música, e aquí retorna a ela."

Xulio Formoso en concerto.

Cancións editar

  1. "Guitarra [El son entero]" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  2. "A Chile [al partir]" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  3. "Las dos cartas" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  4. "Abril sus flores abría" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  5. "Muchacha recién crecida" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  6. "Coplas americanas" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  7. "Sensemayá" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  8. "El soldado Miguel Paz" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  9. "Arte poética" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso)
  10. "Plan del machete" (Carlos Puebla; Xulio Formoso)

Músicos editar

Sensemayá

  • Xulio Formoso: Guitarra, voz
  • Luís Suárez: Guitarra, baixo, cuatro, frauta, coros
  • Franklin Mejías: Mandolina, Cuatro, Coros
  • Cruzito: Percusión, Coros
  • Pepe Bello: Piano

Créditos editar

  • Deseño gráfico: Carlos León
  • Fotos: Carlos L.Otazo
  • Data e lugar da gravación: Estudios Del Este 1975 Caracas
  • Produción: Pepe Bello