Ibrahim Ferrer
Ibrahim Ferrer Planas, nado en Santiago de Cuba o 20 de febreiro de 1927 e finado na Habana o 6 de agosto de 2005, foi un cantante de son cubano, de voz pura e suave.
Ibrahim Ferrer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de febreiro de 1927 |
Lugar de nacemento | San Luís (Santiago de Cuba) |
Falecemento | 6 de agosto de 2005 |
Lugar de falecemento | A Habana |
Causa | síndrome de disfunção múltipla de órgãos |
Nacionalidade | Cuba |
Ocupación | músico e cantante |
Premios | Grammy Latino de Melhor Artista Revelação, Grammy Latino de Melhor Álbum Tropical Tradicional e Grammy Award for Best Tropical Latin Album |
Na rede | |
http://www.worldcircuit.co.uk/#Ibrahim_Ferrer | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Viviu na zona antiga da Habana. Era un home tímido e sinxelo, imbuído nunha intensa fe. Acadou sona mundial no 1998 co éxito do proxecto musical Buena Vista Social Club, onde gravou doce dos catorce temas do disco e tivo o pracer de colaborar con moitos dos intérpretes que sempre admirara, como Omara Portuondo, Rubén González, Compay Segundo, Eliades Ochoa, Barbarito Torres e Guajiro Mirabal. Este disco obtería un Grammy e un ano mais tarde gravaría o seu primeiro álbum en solitario, Buena Vista Social Club Presents Ibrahim Ferrer. O seu segundo disco en solitario, Buenos Hermanos, obtivo no 2004 outro Grammy.