Guido Pellizzari Oliva

xogador de hóckey a patíns arxentino

Guido Pellizzari Oliva, nado en Mendoza o 4 de xuño de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.

Infotaula de personaGuido Pellizzari Oliva
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Mendoza, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao hóckey a patíns na sección de hóckey do Independiente Rivadavia, da súa cidade natal, pasando máis tarde ao Andes Talleres de Godoy Cruz, co que xogou entre 2007 e 2015, cun paréntese dun ano no que militou no Matera italiano.[1] A continuación deu o salto definitivo ao hóckey europeo, pasando polas filas do RCH Basel, o Valença HC, o Vendrell e o Calafell, antes de recalar en 2021 no Saint-Omer francés. Xogou dous anos no Paso de Calais, marcando 34 goles en 47 partidos conquistando dúas ligas, unha Copa de Francia e dúas Supercopas.

En 2023 anunciouse o seu regreso á OK Liga, ao fichar polo Deportivo Liceo.[2]

Equipos editar

Palmarés editar

Saint-Omer

Notas editar

  1. "Guido Pellizzari Oliva alla Pattinomania Matera" (en italiano). 28 de xullo de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  2. "El Liceo oficializa la incorporación del argentino Guido Pellizzari". DxT Campeón (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 9 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar