Guaranteed Rate Field

O Guaranteed Rate Field é un parque de béisbol situado no centro de Chicago, Illinois (Estados Unidos). É o estadio local dos Chicago White Sox, equipo da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Despois de pasar os White Sox 81 anos no Comiskey Park, trasladáronse ao Guaranteed Rate Field para a temporada 1991. No momento da súa inauguración abriu co nome de Comiskey Park, mudando en 2003 a U.S. Cellular Field debido ao patrocinio de U.S. Cellular por 68 millóns de dólares durante 20 anos.[1] Con todo, en 2016 Guaranteed Rate, unha empresa local de vivenda, comprou os dereitos durante 13 anos.[2][3] O estadio está situado xusto ao oeste da Autoestrada Dan Ryan no barrio de Armour Square e adxacente a Bridgeport.

Guaranteed Rate Field
Datos
Coordenadas41°49′48″N 87°38′02″O / 41.83, -87.633888888889
LocalizaciónPhoenix, Estados Unidos
AlcumeSox Park; The Cell; The Rate; The G-Spot; New Comiskey; Comiskey
Nomes antigosComiskey Park (II) (1991–2003)
U.S. Cellular Field (2003–2016)
Construción
Construción7 de maio de 1989
Inauguración18 de abril de 1991
Renovación2001–2007, 2015–2016
ArquitectoPopulous (then HOK Sport)
HKS, Inc. (renovacións 2001–07)
EnxeñeiroThornton Tomasetti
Flack + Kurtz
Custo$137 millóns (1991)
$118 millóns (renovacións 2001–07)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (natural)
DimensiónsLeft field – 330 feet (101 m)
Left-center – 375 feet (114 m)
Center field – 400 feet (122 m)
Right-center – 375 feet (114 m)
Right field – 335 feet (102 m)
Backstop – 60 feet (18 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade40.615 espectadores
Asist. máxima46.246 (5 de outubro de 1993)
Red Sox 4−3 White Sox (MLB)
PropietarioIllinois Sports Facilities Authority
OperadoraChicago White Sox
LocalíaChicago White Sox (1991– )
editar datos en Wikidata ]
  1. Padilla, Doug (26 de abril de 2013). "The Cell not in line for name change". ESPN. 
  2. Merkin, Scott (24 de agosto de 2016). "U.S. Cellular to become Guaranteed Rate Field". Chicago White Sox. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 06 de abril de 2019. 
  3. Ecker, Danny (24 de agosto de 2016). "White Sox home gets a new name: Guaranteed Rate Field". Crain's Chicago Business. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar