Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft

O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft (en neerlandésDelftse Werkgroep Homoseksualiteit -DWH-) é unha organización independente dos Países Baixos centrada na homosexualiodade, que enfoca as súas actividades na vila de Delft, na Holanda Meridional, e na súa área de influencia. O seu obxectivo é o aumento e o mantemento da aceptación da homosexualidade por parte da sociedade, incidindo particularmente nas campañas de información no ámbito escolar. A asociación tamén é un lugar de encontro para homes e mulleres homosexuais e bisexuais de todas as idades.[1][2]

Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft
Delftse Werkgroep Homoseksualiteit
Logo Delftse Werkgroep Homoseksualiteit.svg
Logotipo do
Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft
Presentación
Data fundación21 de marzo de 1968.
LocalizaciónROU Bucharest CoA.png Delft
Países Baixos Países Baixos
Area servidaDelft
MétodoCampañas de información e lugar de encontro.
Páxina webhttps://dwhdelft.nl/en/

Forman parte da DWH a Asociación de Homes Novos Homesexuais Outsite (Homojongerenvereniging Outsite) e o Grupo de Traballo de Mulleres Femmes Fatales (Vrouwenwerkgroep Femmes Fatales). Ademais, a DWH mantén colaboración coas asociacións de homosexuais Roze Blok, de Delft, e COC Nederland, que actúa en todo o país.

A DWH publica varios números ao ano da súa revista oficial: Andersblad.[3]

HistoriaEditar

 
Sede da asociación, no número 22 de Lange Geer, en Delft

O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft fundouse en 1968.[2] Nos primeiros anos estaba estreitamente vinculado ao mundo estudantil e formou parte da Federación de Grupos de Traballo de Estudantes sobre Homosexualidade (Federatie Studenten Werkgroepen Homoseksualiteit -FSWH-). Aínda que moitas das asociacións que formaban parte desta federación acabaron finalmente integradas en COC Nederland, a DWH sempre se mantivo como entidade independente.

En abril de 1989, o daquela presidente da DWH, Hans-Paul Verhoef, saltou á actualidade internacional cando foi detido nos Estados Unidos por padecer a SIDA. Verhoef ocultara este dato no seu ingreso, xa que se non fose así se lle negaría o acceso.

NotasEditar

  1. "LGBT+ association since 1968". No sitio web da DWH.
  2. 2,0 2,1 "Delftse Werkgroep Homoseksualiteit (DWH) Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Apollo.io
  3. "Andersblad". No sitio web de DWH.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar