Grupo Ornitolóxico Galego

asociación galega

O Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) foi un grupo de ornitólogos galegos creado en 1973, que deu pé á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), na que forma parte da súa Sección de Ornitoloxía. Xa que logo, a SGHN, herdeira directa do Grupo Ornitolóxico Galego, segue a desenvolver a liña de actuacións que este comezara.

Grupo Ornitolóxico Galego
Tipoorganización
Data de fundación1973
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Actividades editar

Este grupo coordina e colabora na realización dos censos anuais de aves acuáticas e mariñas invernantes en Galicia, que están sendo publicados nas revistas Bubela (do GOG) e Braña (da SGHN), que subministran informacións históricas de grande importancia para coñecer a evolución das poboacións invernantes destas aves en Galicia, e o estado de conservación da costa e zonas húmidas galegas.

O grupo ten participado en múltiples estudos sobre as aves de Galicia e a súa conservación, como o Atlas de Vertebrados de Galicia ou o seguimento de especies ameazadas. Tamén mantivo activo, durante moitos anos, un grupo de anelamento científico, chegando a organizar o XI Encontro de aneladores a nivel estatal. Ademais foi o organizador do V Congreso Galego de Ornitoloxía.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.