Gregorio Hernández Matías

avogado, político e xornalista español

Gregorio Hernández Matías, coñecido como Gregorio H. Matías, nado en Belorado, foi un avogado, político, xornalista e escritor español.

Gregorio Hernández Matías
Gregorio Hernández Matías 1932.jpg
Nacementoséculo XIX
 Belorado
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procurador dos tribunais. Instalado en Salamanca, colaborou en El Fomento de Salamanca e dirixiu a revista Salamanca Satírica; foi concelleiro republicano e logo alcalde da cidade (1905). Despois marchou a Béjar, onde dirixiu El Noticiero (1912-1914).[1] Foi redactor de Diario de Burgos. Trasladouse a Tui en xullo de 1929 por mor da enfermidade da súa muller,[2] e alí exerceu como procurador.[3] Dirixiu o semanario Hoy de Tui en 1935.

Vida persoalEditar

Casou con Enriqueta Antón Martín, que finou en Tui en 1931.[4]

NotasEditar

  1. La prensa pedágógica de Béjar (1874-1936)
  2. Diario de Burgos, 20-7-1929, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 13-11-1929, 8.
  4. El Pueblo Gallego, 17-3-1931, 8.