Greg Norton

músico estadounidense

Gregory James Norton, nado o 13 de marzo de 1959 en Davenport, Iowa, é un músico estadounidense coñecido por ter sido o baixista da banda de rock alternativo Hüsker Dü.[1][2] Aínda que a meirande parte das composicións do grupo foron realizadas polos seus compañeiros Bob Mould e Grant Hart, Norton contribuíu cos temas "M.T.C.," "Don't Have a Life" e "Let's Go Die" no EP de estrea do grupo, Land Speed Record.

Infotaula de personaGreg Norton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Rock Island, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónTwo Rivers High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngastrónomo , músico , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor em Wikidata

Páxina webmyspace.com… Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: c8e2b334-0b40-4c13-8970-92c86e6369b8 Songkick: 2924031 Discogs: 407561 Allmusic: mn0000187138 Editar o valor em Wikidata

Tras a separación de Hüsker Dü en 1988, Norton formou a banda Grey Area co enxeñeiro de Hüsker Dü Colin Mansfield e con Jo Jones. Despois de que Grey Area se separase en 1991 Norton deixou o negocio da música para centrarse na restauración, abrindo o The Norton's Restaurant (no presente pechado) en Red Wing, Minnesota. Norton regresou á música en 2006 coa nova banda Gang Font feat. Interloper.[3] O grupo está formado por Norton, Dave King (de The Bad Plus, Happy Apple, Halloween, Alaska, 12 Rods e The Love-Cars), Eric Fratzke de Zebulon Pike e Happy Apple, e Craig Taborn. No ano 2016 Greg uniuse á banda Porcupine para substituír o seu baixista Davey Reinders.

Notas editar

  1. Allmusic (ed.). "Hüsker Dü". Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  2. Gapers Block (ed.). "Looking Minnesota: Greg Norton Meets the Hüsker Düdes". Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  3. All About Jazz (ed.). "The Gang Font Feat. Interloper: The Gang Font Feat. Interloper". Consultado o 28 de xuño de 2018.