Grant Hart
Grant Vernon Hart (18 de marzo de 1961 - 13 de setembro de 2017)[1] foi un músico estadounidense, coñecido por ser o batería e co-compositor da banda de rock alternativo e hardcore punk Hüsker Dü. Tras a separación do grupo en 1988 formou o trío Nova Mob, onde pasou a cantar e a tocar a guitarra. Coa disolución de Nova Mob en 1997 Hart centrouse na súa carreira en solitario.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1961 Saint Paul, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de setembro de 2017 (56 anos) Minneapolis, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de fígado |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | South Saint Paul High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico , cantautor , batería , compositor de cancións , guitarrista |
Período de actividade | 1979 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | SST Records |
Páxina web | granthart.com |
Como co-compositor de Hüsker Dü, cancións súas, como "The Girl Who Lives on Heaven Hill" e "Turn on the News", recibiron loanzas dos críticos e contemporáneos. O seu estilo vocal, en contraste co de Bob Mould, era máis medido e melódico. A súa elección de temas líricos, que vai dende a alienación adolescente en "Standing by the Sea" e a descrición dun asasinato en "Diane," ata historias travesas como "Books About UFOs", axudou a expandir as temáticas do hardcore punk.
Hart morreu o 13 de setembro de 2017 por complicacións co cancro de fígado e a hepatite C que padecía.[2][3]
Notas
editar- ↑ Allmusic (ed.). "Grant Hart". Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ Rolling Stone (ed.). "Grant Hart, Husker Du Drummer and Singer, Dead at 56". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ BBC (ed.). "Husker Du co-founder Grant Hart dies after cancer battle". Consultado o 28 de xuño de 2018.