Grau de Castelló
O Grau de Castelló (en castelán: Grao de Castellón) é o barrio costeiro de Castelló de la Plana, na Comunidade Valenciana. Atópase a uns 4 km da cidade de Castelló e limita ao norte con Benicàssim e ao sur con Almassora.
Aínda que o Grau de Castelló nunca tivo unha entidade propia existe unha conciencia de pobo propio diferenciado de Castelló. Na localidade atópanse, entre outros, o porto de Castelló e unha central termoeléctrica de ciclo combinado.
Historia
editarA aparición de ruínas da etapa ibera e romana constatan a crenza de que a zona do Grau ten máis de 2.000 anos de tradición de comercio portuario. Tamén durante os séculos de dominación musulmá debeu haber comercio no devandito lugar. O rei Xaime I ordenou construír o Camiño Vello do Mar nada máis conquistar La Plana para unir Castelló coa zona costeira do Grau, unha vía que desemboca onde apareceron as ruínas, circunstancia que se interpreta como que xa había unha zona comercial consolidada antes da conquista.
A actividade comercial foi en aumento dende entón, como demostran diversos documentos e restos. Os primeiros pescadores que se coñecen, cífranse en 1398 e estaban domiciliados na parroquia de Santo Tomás, situada na rúa Escultor Viciano de Castelló, mentres que o primeiro censo do Grau como barrio independente data de 1865 con 428 veciños.
Lugares de interese
editar- Porto de Castelló
- Piñeiral
- Planetario
- Plaça del Mar
- Multicines
- Praia
- Club de Golf Costa de Azahar
- Real Club Náutico de Castelló
- Aeródromo de Castelló
- Gran Casino de Castelló
Festividades
editarAs festas da localidade celébranse na honra ao seu patrón, San Pedro, o 29 de xuño. Tamén se celebran o Entroido, o Encontro de Bestas de Fogo en xuño e as festas da Virxe do Carme o 16 de xullo.